Ir á receita en castelán
O Entroido xa empeza a estar presente en todos os recunchos e a gastronomía non podía ser allea.
Imos a facer unha sobremesa que ten entidade propia no Entroido.
- 8 claras de ovo
- 350 grs de fariña
- 350 grs de tona para montar
- 435 grs de azucre
- Manteiga para untar
Esta bica que ten denominación de onde O Entroido se perde na historia dos tempos e se celebra con auténtica paixón. Ese lugar non é outro que Laza, un dos ángulos do triángulo máxico de O Entroido: Xinzo de Limia, Verín e Laza.
- Comenzamos montando as claras de ovo a punto de neve forte, incorporando o azucre sen deixar de bater.
- Á mestura anterior imos incorporando pouco a pouco a fariña, que previamente temos peneirada, é moi importante que as claras non se baixen.
- Montamos a tona e incorporamos con unha culler de madeira ou espátula con movementos envolventes, sendo tamén moi importante o tema das claras. Quedará unha masa branca e compacta.
- Unha vez conseguida unha mestura homoxénea, untamos un papel de forno ca manteiga e poñemos este nun recipiente axeitado para ir ó forno.
- Vertemos a mestura e esparexemos azucre por riba, para que nos forme esa costra típica.
- Levamos ó forno prequecido a 180º entre 35 e 40 minutos (orientativo) e imos vendo a cor que toma. Pinchamos para ver o seu estado por dentro. Si se cuartea a costra superior entra dentro do normal.
Deixamos arrefriar sobre unha reixa. Non é necesario consumila toda no día, pero case sempre se termina toda no día.
Presentamos en anacos e cunha boa copa de licor café.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito