Ir al contenido principal

Aliño de pimientos con Vinagre de Viño do Ribeiro

Ir á receita en castelán

Dado que aínda me quedaba vinagre de viño do Ribeiro, fixen un aliño que nos vai a ir moi ben con peixes, tanto en ensalada como guarnición.
Como xa vos comentei, non son un especialista en vinagres, pero este do Ribeiro da un sabor suave que é de agradecer.
  • Pemento vermello
  • Pemento verde
  • Pemento amarelo
  • Cenoria
  • Cebola morada
  • Allos tenros
  • Tomate Kumato
  • 200 ml de aceite de oliva virxe
  • 75 ml de Vinagre de Viño do Ribeiro
  • 1 culler pequena de mostaza
  • Sal e pementa
Como vedes soamente poño cantidades nos líquidos para que vos sirva de referencia.
Ó marinar as verduras en cru, van a quedarnos crocantes e imos a agradecelo.
Tedes unha estupenda guarnición para un peixe á grella ou ó forno, un estupendo aliño para unha ensalada.
Como podedes ver nas fotos, useino como guarnición cuns boqueróns e como complemento de ensalada cun bacallau esfiañado con pementón e aceite.
  1. Cortamos todas as verduras en xuliana (anacos que poidan ir á boca) e colocamos nun recipiente axeitado.
  2. Mesturamos o vinagre, ca sal, a pementa, a mostaza e por último o aceite. Batemos ben para homoxeneizar.
  3. Engadimos a vinagreta as verduras e bañamos ben. Deixamos 24 horas na neveira. Sacamos do frío unha media hora antes de usar.
Como vedes dun xeito moi sinxelo, ides a ter un estupendo aliño para o voso peixe. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es