Ir á receita en castelán
Como nos gustan estes guisos clásicos, estes guisos que temos na nosa memoria da infancia e que facían as nosas aboas e as nosas nais.
Penso que poucas persoas haberá que rexeiten este tipo de comidas.
- 500 grs de costela de porco
- Patacas de guarnición
- 1 cenoria
- 1 cebola mediana
- 2 dentes de allo
- 1/2 pemento vermello
- 1 tomate
- 1 vaso de viño branco
- Sal
- Pementa negra
- Aceite de oliva
O punto de cocción da costela, sabémolo cando a carne se empeza a separar do oso, é a mellor sinal que podemos ter.
Ademais de estar ante un rico guiso, estamos ante un prato bastante económico.
- Separamos a costela por cada oso e dourámola nunha cazola con aceite. Salpimentamos e reservamos.
- Cortamos as verduras e refogamos no aceite de dourar a costela, se vemos que é moito retiramos parte de el, non queremos un guiso engraxado.
- Mentres se fan as verduras, relamos o tomate que, engadiremos cando as verduras estean brandas. Deixamos facer ata a evaporación do líquido.
- Engadimos a costela reservada e o vaso do viño. Damos unhas voltas e deixamos evaporar o alcol. Cubrimos con caldo de carne e deixamos facer lentamente.
- Pelamos as patacas e cando vemos que a costela xa empeza a estar, as incorporamos á cazola. Se fixera falta engadimos mais caldo. Nuns 20/25 minutos deberían de estar listas.
- Si o prebe vos quedara un pouco solto, ou usades un espesante ou chafades unha pataca e a volvedes a incorporar á cazola.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito