Ir al contenido principal

Emparedado de rosbif (receita de aproveitamento)

  Ir á receita en castelán

Cando facemos asados no forno, case sempre temos sobras de carne, que de ningunha maneira debemos tirar. Esas sobras teñen unha segunda vida.
  • Carne asada tipo rosbif
  • Rebandas de un bo pan
  • Follas de cogollos
  • Tomate kumato
  • Cebola morada
  • Manteiga
  • Maionesa
  • Mostaza
  • Sal
Neste emparedado, a carne usada é de un asado de cabezada de porco. A cabezada é a parte do lombo que nace desde o pescozo e que coñecemos mais comunmente, como da agulla.
Esta parte do lombo vai a quedarnos mais saborosa e zumenta ó forno e que imos a cortar en lamias o mais finas posibles.
  1. Cortamos en lamias finas a carne.
  2. Sacamos as follas dos cogollos, pelamos e cortamos en rodelas o tomate e en aros finos a cebola.
  3. Mesturamos maionesa e mostaza nunha proporción de catro de maionesa e unha de mostaza. A proporción o voso gusto de mostaza.
  4. Untamos de manteiga a parte do pan que vai a ir cara a grella. Pola parte interior untamos a mestura de maionesa e mostaza, poñemos folla de leituga, rodelas de tomate, rodelas de cebola e por riba as lamias de carne (as verduras irán salgadas). Tapamos ca outra rebanda e a grella.
Xa vedes, para unha merenda, para unha cea ou para o momento que queirades. Fácil, barato e saboroso.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es