Ir al contenido principal

Tosta de centeo, mazá, cebola morada e bacallau afumado

  Ir á receita en castelán
  
Un petisco de rápida execución e de bo contraste de sabores.
  • Pan centeo
  • Queixo crema
  • Mazá Fuji
  • Cebola morada
  • Bacallau afumado
  • Aceite de oliva virxe
  • Vinagre de mazá
  • Aneto
Usei queixo crema e bacallau afumado, podedes cambiar, por exemplo queixo de cabra e troita afumada. Ides a seguir tendo un bo contraste de sabores.
  1. Facemos unhas rebandas de pan centeo e poñemos no forno, a 200º e arrancando de frío, uns 6 minutos.
  2. Cortamos a cebola en plumas finas. Poñemos a macerar en aceite e vinagre (3 de aceite por 1 de vinagre).
  3. Lavamos ben a mazá, descorazonamos e facemos unhas lamias finas. Reservamos.
  4. Untamos a tosta do pan co queixo, poñemos por riba as lamias de mazá, unhas plumas de cebola e o bacallau. Esparexemos unhas follas de aneto e regamos cun fio de aceite.
Xa vedes que o traballo é mínimo, pero o resultado vai a ser do agrado da vosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es