Ir al contenido principal

Mar e montaña de coello e vieira

Da a impresión que esta semana as receitas van en consonancia con tempo de vacacións que se aveciña: ¿mar ou montaña?
Pois para que haxa para todos, mar e montaña.
Para a receita que nos ocupa imos a procurar:
1 coello
250 grs de vieiras
150 grs de cenoria
100 grs de cebola
50 grs de allo
1 folla de loureiro
Un chisco de romeiro
1 litro de auga
Un pouco de xenxibre
6 follas de xelatina
Maizena expres
Unha copa de viño branco
Sal e pementa


Pois ben, cortamos en anacos o coello e marcámolo nunha tixola co aceite e un pouco de xenxibre.
Limpamos as verduras e cortamos en xuliana, douramos e engadimos o coello. Engadimos o viño branco, deixamos evaporar o alcohol, as especias e a auga. Deixamos cocer ata que estea tenro. Podemos acelerar o proceso se usamos a olla expres.
Cando o coello está, sacamos da olla, desosamos e picamos a carne.
Poñemos a carne nun cazo e botamos a salsa (que previamente xa temos pasada por un chino) necesaria para que cubra a carne e engadimos a xelatina (xa hidratada).
Enchemos os moldes ca mestura da carne e a salsa e deixamos a temperatura ambiente (se foxe necesario metemos no refrixerador).
Reducimos a salsa sobrante e si é necesario engadimos un pouco de Maizena.
Lavamos e limpamos as vieiras e marcamos nunha tixola a lume forte, con un pouco de xenxibre e aceite de oliva.
Presentamos no prato salseando ca salsa do estufado.
Coma sempre vos digo, merece a pena o traballo polo resultado final.