Ir al contenido principal

Empanada de xoubas (Pepe Solla)

Imos con outra receita de Pepe Solla, neste caso unha empanada.
A foto que ilustra a receita non esta feita ca masa de millo, máis eu indico os ingredientes e a preparación que describe Pepe Solla.
Soamente a efectos de tecnoloxía. Estou facendo esta entrada dende un IPad que me regalaron nestes días pasados. Hai que estar cas novas tecnoloxías. Ben vamos co que nos interesa.
Necesitaremos:
PARA O RECHEO
1 quilo de xoubas
1 cebola
1/2 porro
1 pemento vermello
1 dente de allo
Aceite e pementón
PARA A MASA
400 grs de. fariña de millo
200 grs de fariña triga
2 ovos
100 grs de manteiga
5 cl de aceite
Un chorriño viño branco
15 cl de auga
Sal

Para o recheo limpamos e picamos as verduras. Refogamos moi lentamente no aceite. Cando as verduras estean tenras, engadimos o pimentón e remexemos. Poñemos a punto de sal e reservamos.
Limpamos as xoubas, quitamos as cabezas, as tripas e as espiñas. Abrímolas en libro. Reservar.
Para a masa mestúranse todos os ingredientes e amasamos ata obter unha masa fina. O conter fariña de millo a masa non quedará perfectamente ligada, polo que resulta un pouco máis complexa de estirar. E bo untar a placa do forno con aceite e ir estirando pouco a pouco pedazos da masa, e ir pegándoos a xeito ata que cubran o fondo.
Por riba desta base, repártese o recheo. Cúbrese con outra capa de masa e facémola no forno, prequentado a 170 grados, durante uns 35 ou 40 minutos.
Onde están as xoubas estás un bo sabor.