Aínda que hoxe baixaron algo as temperaturas, seguimos con algo fresco. Que sirva de ensaio para tempos de calor.
Neste prato imos a mesturar unha legume con unha froita de verán e con un toque de mar (esta semana deume por mesturar mar e montaña, xa veredes).
As medidas que vou a dar soamente serven de referencia, para 4 persoas son escasas.
Para este prato imos a usar:
20 gambas grandes5 culleradas de aceite de oliva
1 bulbo de fiúncho
1 cullerada de zume de limón
1 cullerada de pel do limón
PARA EL TARTAR
3 tomates pera
1 cebola mediana roxa
150 grs de polpa de sandía
1 cullerada de aceite de oliva
Unhas gotas de zume de limón
Sal e pementa
Pelamos as colas das gambas, deixando a parte da cola. Con un coitelo afiado estaría ben que lle quitásemos a tripa que leva area.
Regamos as gambas co zume de limón, a pel relada e o aceite de oliva. Deixámolas repousar mentres se fai o resto do prato.
Cortamos os tomates (sen pebidas), a cebola, e a sandía, en cuadradiños pequenos, mesturamos, salpimentamos e regamos co aceite e o zume de limón. Reservamos a temperatura ambiente.
Lavamos o fiúncho, secamos e cortámolo en láminas finas.
ca axuda de un aro cortapastas, colocamos, en cada prato, o tartar de tomate, apertando lixeiramente.
O lado do tartar poñemos as láminas do fiúncho.
Nunha tixola a lume forte salteamos as gambas. Que non queden moi cocidas (co adobo xa van algo cocidas) pois quedarías secas.
Por último colocamos as gambas no prato e a servir e desfrutar.