O outro día revolvendo pola rede, topei unha revista que ten unha chea de receitas moi apetecibles (Whole kitchen).
Andei refollando e quedei con algunhas que irei facendo neste verán.
É xa que falamos de verán esta é unha que vai que nin pintada para o tempo.
Atendendo o voso bo facer, e como vou a facer en todas as ensaladas soamente darei ingredientes, as cantidades poñédelas vos según o gusto.
Imos a procurar:
Pasta de cores
Ovos cocidos
Tomate
Ventrescas de bonito
Champiñóns
Olivas negras sen oso
Queixo Mozarella
Sal, aceite, ourego e vinagre de Módena
Cocemos a pasta e unha vez feita agregamos o ourego e aceite para que nos se seque e macere. Deixamos arrefriar.
Os champiñóns cortámolos en láminas finas e maceramos en aceite co ourego, sal e unhas gotas de vinagre.
Cortamos os ovos en anacos grandes, as ventrescas en bos pedazos, o tomate en rodelas e o Mozarella en láminas.
Chegado este momento podemos mesturar todo, ou ben poñelo por elemento para que cada quen se faga a súa propia ensalada. Regamos co líquido da maceración dos champiñóns e un pouco de vinagre de Modena.
Eu neste caso puxen olivas verdes, pero locen máis as negras.
Realmente estupenda.