Ir al contenido principal

Flan de framboesas

Estamos no tempo das froitas roxas e como temos moi bos amigos, o outro día trouxéronnos unha boa recolleita de framboesas. Podía facer unha marmelada, máis non. Estiben a mirar que podía facer e topei unha receita da que non podo dar o nome de quen a publica, pois non figuraba.
Nesta ocasión non houbo termos medios; gustou ou non. Se non vos gostan as froitas ácidas, a medida de azucre ó voso gosto.

Necesitaremos:
1,50 quilos de framboesas
4 gotas de extracto de vainilla
250 grs de nata para montar
150 grs de azucre
8 follas de xelatina


Procedemos do seguinte xeito.
Lavamos as framboesas en auga fría e esmagámolas cun garfo, engadimos o azucre e o extracto de vainilla. Remexemos ata que todo estea ben mesturado.
Poñemos a xelatina a remollo en auga fría, logo disolvémola nunhas gotas de auga a lume brando, cando estea líquida engadímola a mestura anterior.
Batemos a nata ata que colla a consistencia de punto de neve. Mesturamos co resto da preparación e poñemos nun molde. Meter na neveira polo menos unhas 3 horas. Antes de servilo adornar con framboesas enteiras e azucre.
Cas medidas dadas sae unha moi abundante cantidade.
O dito ca xente que o probou non houbo matices de grises, ou foi branco ou negro.