A pesares de estar de vacacións, algo sinxelo pódese facer. O outro día dando unha volta polo mercado, vin unha ameixa que quitaba o sentido. Entón dixen, ¿e si fago un arroz moi simple cas ameixas?, e mans a obra.
Fixen un arroz para dous e non anotei as cantidades, máis coma sodes expert@s cociñeir@s, vos mesmos sabedes de sobra as cantidades a facer segundo os comensais.
Eu usei
Arroz bomba
Ameixas
Gambas
Viño branco
Caldo de peixe (usei de cartón rebaixado con auga)
Media cebola
Pirixel
Sal
A pesares que a placeira me dixo que non facía falta poñelas en auga con sal para que soltasen area, eu fíxeno e algo soltaron. É unha pena que un pouco de area estrague un bo prato.
Piquei a cebola ben fina, paseina nun pouco de aceite, engadín o arroz e refoguei todo o conxunto. Botei un pouco de viño e deixei que se evaporara o alcohol. Engadín o caldo de peixe, en cantidade suficiente para que quedase algo caldoso (ter en conta que as ameixas soltan a súa propia auga).
Cando o arroz lle quedaban uns cinco minutos engadín as gambas e as ameixas, deixei facer o conxunto eses cinco minutos e engado o pirixel picado.
Fora do lume, repousar tapado e a saborealo.
Moi sinxelo pero de intenso sabor. Coma xa comentei en outras ocasións non uso azafrán para os arroces deste tipo.