O outro día preparei un xarrete guisado e pensei que poñerlle de guarnición, entón acordeime dunha que vira hai algún tempo e que queda moi boa.
Evidentemente as proporcións dos ingredientes vai en función do número de comensais. Para 4 persoas necesitaremos máis ou menos o seguinte:
4 ou 5 patacas medianas
10 champiñóns
3 dentes de allo
Romeiro
Sal e aceite
Cortamos as patacas en cadrados e facemos en aceite brando. Engadimos as follas dunha rama de romeiro. Deixamos facer devagar.
Máis ou menos cara a metade da preparación votamos os champiñóns cortados o medio. Aconsello non pasar os champiñóns por auga, e mellor limpalos con papel húmido, xa bastante auga teñen eles coma para darlle máis.
Engadimos tamén os dentes de allo machacados e con pel.
Deixamos facer ata que as patacas estean douradas.
É unha guarnición moi recorrente e que combina moi ben cas carnes.