Ir al contenido principal

Bacallau con pementos tricolor

Estou que o tiro todo pola fiestra, dúas entradas seguidas e penso que mañá ou pasado hai outra. Esgotado me encontro.
Como estamos na coresma pois imos a darlle outra vez o bacallau. Pero esta e de coresma coresma, non coma a outra.
En fin, ímonos a prover para 4 persoas de:
4 postas de bacallau desalado
2 pementos verdes
2 pementos amarelos
2 pementos vermellos
Aceite
Marinada
5 culleradas de aceite
1 cullerada de vinagre balsámico
1 cullerada de ceboliño
1 cullerada de pirixel
2 ramas de tomiño
1/2 cullerada de mel
1 culleriña de mostaza
Sal e pementa

Colocamos os pementos, limpos e untados en aceite, nunha bandexa de forno. Prequecemos o forno a 180º e facemos ata que estean brandos. Sacamos, tapamos con un pano, deixamos atempar, quitamos a pel e as sementes.
Cortamos os pementos en tiras delgadas e colocamos nunha bandexa fonda.
Nun recipiente adecuado, botamos o aceite, o vinagre, a mel, o ceboliño e o pirixel picados, o tomiño, a mostaza, a sal e a pementa, mesturamos ben e cubrimos os pementos deixando marinar como mínimo unha hora.
Escorregamos as postas de bacallau, confeitamos cubertos de aceite e a lume brando. O calor do aceite non pasará dos 70º e cocera entre 12 e 15 minutos.
Facemos unha base cos pementos e poñemos por riba o bacallau en lascas.
Coido que os ofrecidos o bacallau non deberían de deixar de probalo.