Ir al contenido principal

Bacallau confitado con patacas revolconas

Veña, como é o primeiro venres de coresma imos con un prato de vixilia, máis eu engádolle un elemento que non vai moito co día. Alá cada quen co seu.

Non dou medidas, o cálculo que se faga segundo comensais.

Bacallau
Patacas
Touciño adobado
Aceite de oliva
Pemento da Vera

Cocemos as patacas.
Confitamos o bacallau, esta é unha técnica de cocción a baixas temperaturas. Eu fixen da seguinte maneira: nunha cacerola botei o suficiente aceite para que cubrira o bacallau, quecemos ata alcanzar unha temperatura entre  60 e 70 grados e importante. Cando estamos nesa temperatura poñemos o bacallau ca pel para arriba (é importante a temperatura, o bacallau non debe chisporrotear), entre 15 e 20 minutos, dámoslle a volta e deixamos outros 15 ou 20 minutos.
Nun un pouco do aceite de confitar o bacallau, xa arrefriado, botamos o pemento, remexemos e deixamos infusionar.
Cortamos o touciño en tiras e pasamos pola tixola.
Para montar o prato, chafamos as patacas cun garfo, non é puré, botámoslle un pouco de aceite e sal.
Desfacemos o bacallau en lascas.
Nun aro montamos as patacas, por riba as lascas de bacallau, as tiras de touciño e salseamos co aceite de pemento (débese decantar para que non vaian os restos do pemento).
Chegado este momento xa soamente vos queda saborear un magnífico e sinxelo prato.