Volvín a entrar noutra semana de vagancia e con unha viaxe polo medio, en fin que non fixen nada; máis hoxe é domingo e houbo que facer sesión de sicoanalista, quero dicir sesión de cociña.
Unha das preparacións que fixen é unha ensalada, pois imos camiño do tempo no xa apetecen.
Para a que nos ocupa imos a necesitar para 4 pax:
12 pementos do piquillo
1 quilo de mexillóns
1 mazá ácida
1 bolsa pequena de rúcula mesturada con outras follas
50 grs de noces peladas
150 grs de maionesa
25 grs de mostaza
1 ceboleta
Vinagre, ceboliño, sal e pementa
Limpamos os mexillóns e abrímolos o vapor, retiramos as conchas e reservamos un pouco do líquido, coado e frío, da cocción.
Para o prebe, picamos a ceboleta e deixámola uns minutos con sal, vinagre e auga, escoamos. Mesturamos a maionesa ca mostaza, o líquido da cocción dos mexillóns e a ceboleta (pódese gardar un pouco de prebe para a presentación).
Picar lixeiramente os mexillóns, pelar e cortar en cubos pequenos a mazá, picamos groseiramente as noces e cortamos un pouco máis pequena a rúcula.
Enchemos os pementos ca mestura resultante, pódeselle engadir un pouco de prebe reservado ou presentar con unhas follas do mezclum de follas.
Interesante mestura de sabores.