Unha consideración, non atopei rabo de boi e fixen o prato con un de tenreira.
Estamos a falar de unha carne xelatinosa e moi saborosa; é toda pegada o oso.
Para 4 persoas necesitaremos:
600-700 grs de patacas (xogades parte do sabor en que sean boas)
1,5 kgs de rabo de boi troceado
1 ramo de herbas (eu usei ourego, tomiño e romeiro)
2 chalotas
1 cebola
1 porro (a parte branca)
1 cenoria
2 caciños de caldo de verduras Knorr
Leite a cantidade suficiente
Manteiga a cantidade suficiente
Queixo mozarella relado
Aceite, sal e pementa
Con todo isto procedemos da seguinte maneira.
Nunha cacerola con aceite douramos os anacos de rabo. Engadimos as cenorias cortadas en rodelas, as chalotas en cuartos, a cebola en xuliana, as herbas para o caldo e sal e pementa.
Deixamos que se faga o conxunto uns 10-15 minutos sen deixar de remexer. Pasado o tempo cubrimos con auga tibia, botamos os cazos de caldo vexetal e deixase o lume unhas 3 horas (co de tenreira tíveno unhas 2).
O tempo que se fai, poñemos as patacas con pel a cocer en auga con sal; unha vez brandas escorregamos, arrefriamos e pelamos. Facemos un puré e mesturamos ca leite e a manteiga ata conseguir unha textura o noso gusto.
Unha vez que pasou o tempo de cocción da carne, retiramos os anacos de rabo e desosamos a carne en anacos pequenos.
O caldo resultante da cocción pasámolo polo chino empuxando ben as verduras para sacarlle todo o seu xugo.
Reducimos o caldo e incorporamos a carne do rabo.
Nun molde redondo (ou cadrado) poñemos unha capa de puré, outra de carne, puré carne e puré, cúbrese co queixo relado e gratinamos uns 15 minutos no forno prequecido a 210 grados.
Neste prato conseguimos un sabor distinto o habitual de está carne feita, normalmente, con brandy flambeado e viño tinto. Conseguimos un curioso sabor de unha carne roxa con un agradable a vexetais.