Ir al contenido principal

Ossobuco de pavo

Imos a darlle entrada a un elemento co que, se a memoria non me falla, aínda non fixera nada, o pavo.
Non vou a resaltar os beneficios desta carne, aínda que o meu parecer un pouco insípida.
Para 6 persoas usaremos:
6 pernas de pavo (cortadas como ossobuco)
4 tomates maduros
3 cenorias
1 cebola
1/2 litro de viño do ribeiro (tiro para a terra)
Unhas tiras de touciño
Mostaza de Dijon
Aceite, sal e pementa


Untamos os ossobucos de pavo ca mostaza (recordades o de insípida). Salpimentamos e fritimos ata que estean dourados. Reservamos.
Cortamos fina a cebola e dourámola no mesmo aceite de fritir o pavo. Cando tome algo de cor, engadimos a cenoria cortada miúda. Cando todo colla cor, engadimos o tomate relado e deixamos cocer uns 15 minutos.
Engadir o ossobuco e regar co viño branco. Deixar facer entre 30 e 40 minutos. Se fixera falla engadir un pouco de auga (a auga nunca estraga un bo prebe). Contra o final engadir as tiras de touciño.
Servir ben quente e acompañar por un arroz branco (ou o que queirades)
Adiante e a xantar.