Ir al contenido principal

Empanada de lombo de porco con cogomelos

Esta é  a primeira entrada que fago de empanada, tomei a decisión de non poñer os ingredientes da masa. Que cada un a faga ca súa receita ou, incluso, cas láminas de masa fresca de empanadas de La Cocinera, que hoxe é o caso que nos ocupa.
Para apuradas este tipo de masa da uns resultados moi aparentes, xa o sei, resultado non é o mesmo, máis tampouco é tan malo.
Imos a ter a man os seguintes ingredientes:
Masa para empanada ou dos laminas de La Cocinera
200 grs de cogomelos (o gusto)
4 filetes de lombo de porco
200 grs de tomate fritido
2 pementos morróns
2 ovos duros
1 ovo
3 dentes de allo
100 ml de viño branco
Tomiño, ourego, aceite, sal e pementa


Con todo isto facemos do seguinte xeito: misturamos dous dentes de allo co ourego, o tomiño e o viño; deixamos os filetes neste adobo unhas 2 horas. 
Limpamos os cogomelos, cortamos e refogamos nunha tixola con un pouco de aceite co o outro dente de allo cortado en láminas, ata que absorban toda a auga; salpimentamos e reservamos.
Secamos os filetes de lombo, salpimentamos e pasámolos por unha prancha quente con un pouco de aceite. Cortamos en anacos.
Picamos os pementos e os ovos duros, e misturamos co tomate fritido. Engadimos os cogomelos e o lombo cortado.
Estiramos a masa ou desenrolamos unha lámina de La Cocinera e botamos por riba o recheo da empanada. Tapamos co resto da masa estirada ou ca outra lámina de La Cocinera.
Únense ben os bordes e fáiselle un pequeno burato no centro da masa. Pintar a superficie con ovo batido e meter no forno, prequecido a 200º, entre 30 ou 35 minutos.
Un bo resultado.