Ir al contenido principal

Filloas (Pepe Solla)

Ir á receita en castelán

Esta é a primeira entrada que fago, de unha serie de receitas do mestre da cociña, Pepe Solla. Estas receitas irán identificadas co nome do cociñeiro de seguido do nome da receita.
Penso que é o exemplo claro da innovación, máis sen esquecer a tradición aprendida.
Forma parte do Grupo Nove. Grupo que segundo as súas palabras, "Dende o Grupo nove emprendemos a nosa particular revolución gastronómica".
"Prescindo das cousas innecesarias para darlle alma ós pratos".
"A cociña, antes que cuestión de tempos, é de temperaturas". 

Pois entón imos ca sobremesa que nos ocupa, as filloas. Sobremesa galega por excelencia.
Necesitaremos:
100 grs de fariña
3 ovos
500 ml de leite
50 grs de manteiga
25 grs de azucre
2 grs de sal

Batemos todos os ingredientes salvo a manteiga, que se engadirá fundida ó final.
Escoamos por un chino.

Quentamos unha tixola antiadherente e sobre esta imos votando un caciño de masa (eu entre filloa e filloa pasáballe á tixola un garfo con touciño). Repártese por toda a tixola para que quede unha filloa fina. Dourase por ambos lados.
Podémolas servir con azucre, ou canela, ou algo de mel por ribaa. Se as queréis recheas xa sabedes, por exemplo, unha crema pasteleira lle iría moi ben.
Podémolas flambear con brandy ou güisqui.
E que vos parece se as acompañamos co viño tostado de Viña Reboreda, Alma de Reboreda.
Deliciosas, #comamoscomagalegos.