Ir al contenido principal

Falda o forno con patacas

Hoxe imos con unha receita "roubada" do blog de La Cocina de la Lechuza, con permiso Pilar, de este xeito dámoslle un pouco máis de publicidade, o prato mereceo.

Usaremos coma ingredientes os seguintes:

2 kgs de falda de tenreira
4 patacas medianas
1 cebola
1 porro (a parte branca)
2 cenorias
2 dentes de allo
perexil
1 vaso de brandy

Facemos un adobo cos allos, sal e o perexil. Adobamos a carne e reservamos un par de horas.
Picamos a cebola en plumas, o porro e as cenorias en rodelas e poñemos nunha fonte de forno coma base da carne. Salpimentamos.
Poñemos por riba das verduras a carne, regamos con aceite
e metemos no forno, prequecido a 190º, uns 10 minutos. Xa sabedes que os tempos do forno dependen do que cada quen teña.
Pasado este tempo, regamos co vaso de brandy e deixamos que siga uns 20 minutos máis.
Mentres a carne está no forno, pelaremos as patacas e faremos unhas bolas, as que lle daremos un pequeno fervor.
Escoamos e reservamos.
Trasncurridos os 20 minutos da carne, incorporamos as patacas e rematamos o asado.
Grazas Pilar por esta saborosa receita de carne.

Aceite e sal