Ir al contenido principal

¡¡¡FALTA DE PROFESIONALIDADE!!!

O que nos pasou en moitos anos nas Xornadas do Xantar, pasounos hoxe, xunto con unhas compañeiras do traballo, fun a xantar ó Xantar (valga a redundancia). De véspera chamamos o restaurante escollido e reservamos para as tres e vinte, repetinlle a hora por se non quedase clara.
Hoxe a hora convida presentámonos no sitio, ca sorpresa de que estaba todo cheo e xente a esperar. Indícolle que fixéramos unha reserva, e contestounos que xa estaban a levantarse os dunha mesa. Eu non vin a ninguén na sobremesa, todo o mundo estaba co prato principal. Despois de esperar 20 minutos, diríxome o propietario e dígolle que non me parece moi serio, nun xesto de "profesionalidade" cara o público, alporízase e dime que na súa casa fai o que lle da a gana e que agora a pesares da reserva non nos vai a dar de xantar, dígolle que non e profesional e ademais que é un sinvergonza. Eu din a volta disposto a buscar onde xantar noutro sitio, mentres tanto este individuo increpou e insultou a miñas compañeiras. Por certo había algúns que levaban esperando dende as tres.
AVISO PARA NAVEGANTES EN XANTAR FIGURA COMO MENÚ DE ENTROIDO E O RESTAURANTE EN CUESTIÓN CHAMASE JOSÉ LUIS E ESTÁ EN OURENSE NA RÚA BEDOYA. O QUE NOS INCREPOU FOI O PROPIO JOSÉ LUIS.
XA SABEDES A ONDE NON TEDES QUE IR.

En realidade case foi unha sorte que nos pasase isto, pois fomos a xantar o restaurante das terras de Celanova onde todo foi atención e esmero e con un menú excelente. Recomendo na feira e a visita ó restaurante O Muiño do Chirlo, ademais de xantar ben disfrutaredes de unha paraxe fantástica.