Imos a facer un dos peixes que, posiblemente, para nos e para o noso país veciño, teña máis predicamento nas mesas: o bacallau.
Faremos unha preparación moi sinxela, sen complicacións.
Necesitaremos para 4 persoas:
4 postas de bacallu desalgado
4 patacas medianas-grandes
4 ovos
1 lata de grelos de A Rosaleira ou frescos en cociñados
2 dentes de allos
Aceite e sal Maldon
Cocemos as patacas e os ovos. Escoamos os grelos ben de auga. Poñemos o bacallau en auga e cando rompa a ferver, retiramos do lume e deixamos dentro da auga para que se faga co calor residual.
Mentres fileteamos os allos, botamos nunha tixola con un pouco de aceite, engadimos os grelos e salteamos.
Para o servicio, facemos un fondo de grelos, por un lado unha ringleira de ovo en rodelas, pola outra de patacas; salgamos e regamos con un bo aceite.
Co bacallau xa escoado, poñémolo por riba dos grelos. Salgamos o bacallau e botámoslle aceite.
Sinxelo, rápido e xantar moi noso. Comamos coma galegos.