Outra sobremesa do Sr. Solla, soamente lle podo dicir unha cousa, grazas. Se os anxos rubios existen, o seu parecido gastronómico é esta leite fritida.
Imos a ver os ingredientes para 6 persoas:
Para a masa
1 litro de leite
120 grs de azucre
125 de fariña de millo
1 pau de canela
A pel dun limón
Aceite de xirasol
Para a fritura
Aceite de girasol
Fariña de trigo
2 ovos
Canela e azucre en po
Para facer a masa fervemos a leite co pau de canela e a pel do limón.
Misturamos a fariña de millo co azucre.
Unha vez fervida a leite, retirámoslle a canela e a pel do limón, incorporamos a mistura da fariña e o azucre. Levamos de novo a ebulición, remexendo constantemente ata que tome textura.
Verter nunha placa untada con aceite de xirasol e deixar arrefriar ata que calle. Recortar da forma que se desexe.
Pasar a leite frita pola fariña de trigo, sacudíndolle o exceso, e polo ovo batido. Deixamos nunha reixa para escoar o exceso de ovo.
Fritir en aceite de xirasol ben quente. Colocar sobre papel
absorbente e pasar pola mistura de azucre e canela.
Servir quente.
Merece a pena intentalo.