Ir á receita en castelán
- 1 cebola
- 50 grs de pemento roxo
- 50 grs de pemento verde
- 50 grs pemento amarelo
- 200 grs cabaciña
- 200 de berenxena
- 150 grs de tomate
- Ovos
- Sal e pementa
Imos a desintoxicar o corpo de todas as copiosas comidas destes días de festas.
Que mellor que unhas verduras transformadas nun rico prato cheo de sabor e color. Eu incorporo un ovo, xa que me gusta moito a mestura destes sabores.
- Picamos en anacos pequenos a cebola e poñemos a pochar nun pouco aceite.
- Mentres se fai a cebola imos picando os tres pementos en anacos pequenos e incorporamos a cebola. Damos unhas voltas e mesturamos.
- Despois duns catro minutos, incorporamos a cabaciña en anacos pequenos. Mesturamos e despois de outros catro minutos engadimos a berenxena, tamén en anacos.
- Mesturamos ben as verduras e despois de outros catro minutos engadimos o tomate picado. Deixamos facer a lume brando as verduras.
- Non debemos deixar que as verduras se abranden moito, xa que gusta encontrar os anacos na boca.
- Fritimos uns ovos e poñemos por riba do pisto.
Xa vedes, todo sabor no noso prato e todo color.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños: