Ir á receita en castelán
- Zancos de paspallás
- Xamón serrano
- Améndoas tostadas
- Pan relado
- 1 ovo
- Aceite
Outra opción para esa mesa de picoteo do noso Nadal. Un prato crocante que tanto nos gusta e cunha suave carne de ave.
Non é necesario mercar o paspallás enteiro, hai no mercado unhas bandexas co despece xa feito.
Na bandexa ven o zanco e o contra zanco, nos os separamos e imos a facelo dos zancos.
- Abrimos o envase dos zancos uns cinco ou dez minutos antes do seu uso. Separamos o zanco do contrazanco.
- Mentres se airea a carne, poñemos unhas lonchas de xamón entre papel de cociña e levamos 1 minuto ó microondas. Tedes que ver se necesita algún tempo máis. Deixades arrefriar.
- No vaso do batedor imos a mesturar un puñado de améndoas e as lonchas do xamón en anacos. Trituramos, pero queremos que non nos quede desfeito de todo.
- Mesturamos o triturado de xamón e améndoas cun pouco de pan relado groso. Reservamos.
- Collemos os zancos e cortamos os tendóns que o unen ó oso, retiramos a carne para atrás formando unha bola.
- Pasamos os chupa-chups por ovo batido, a mestura relada, outra vez por ovo e outra vez pola mestura.
- Fritimos en aceite quente, pero ollo, teremos que ter coidado ca temperatura, pois estarán ó lume uns cinco minutos e teremos que estar dando voltas para que non se nos queimen e se pasen por dentro.
- Reservamos sobre papel absorbente para que perdan o exceso de graxa.
- Para o servizo podemos acompañar de unhas patacas chips, que podemos facer nos mesmos. Tamén lle iría moi ben un ali-oli.
Xa vedes que complicación pouca e que ata o paso da fritura, podemos telo todo feito con antelación.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños: