Ir al contenido principal

Ensalada de perdiz escabechada

Ir á receita en castelán
  • 1 lata de perdiz en escabeche
  • 1 bolsa de brotes tenros
  • Bolos de pan
  • 1/2 cebola roxa
  • 2 culleradas de mostaza antiga
  • Sal en escamas








Quero seguir poñendo opcións para o Nadal e que ademáis sexan de fácil preparación, vistosas e económicas.
Coido que podemos facer unha boa cena ou xantar de Nadal, sen necesidade de tirar a casa pola fiestra.
A opción é nosa.
  1. Abrimos a lata da perdiz, reservamos o líquido do escabeche e retiramos a perdiz.
  2. Desosamos a perdiz e cas mans desmiuzamos a carne. Levamos ó líquido reservado e deixamos que se empape ben.
  3. Abrimos a bolsa dos brotes e deixamos que se aireen uns minutos.
  4. Picamos fina a media cebola e preparamos a vinagreta cunha proporción de tres culleradas de escabeche por unha de mostaza antiga. Mesturamos ben e engadimos a cebola picada.
  5. Cortamos a tapa do pan e retiramos o miolo interior.
  6. Presentamos o pan cunha pequena porción de brotes no interior, poñemos por riba a carne da perdiz e regamos ca vinagreta preparada.
Xa vedes en que pouco tempo e por un custo moi baixo, temos unha excelente ensalada.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito