Ir al contenido principal

Lombos de xarda en escabeche con encurtidos e prebe de alcaparras

Ir á receita en castelán

  • 2 xardas 
  • 1 cebola 
  • 1 cenoria 
  • 1 dente de allo 
  • 1 folla de loureiro 
  • tomiño 
  • pementa  en grano
  • 50 cl de aceite de oliva 
  • 15 cl de vinagre de vino blanco 
  • Sal 
  • PARA O PREBE
  • 1 bote de alcaparras
  • 1 xema de ovo
  • 1 dente de allo
  • Aceite de oliva e sal
  • PARA OS ENCURTIDOS
  • Pepinillos en vinagre
  • Guindillas verdes picantes
  • Ceboliñas en vinagre

Non é unha receita de Nadal, pero, dado o seu sabor, pode formar parte de esa cea de pinchos que imos a poñer, pois podemos servilo en pequenos bolos de pan.
Temos un peixe de unha carne realmente excepcional e cunha textura fantástica.
  1. Picamos a cebola, a cenoria e o dente de allo. Refogamos no aceite. 
  2. Engadimos o romeiro, o loureiro, o tomiño, o vinagre e a pementa. Neste caso infusionamos en quente, pero a lume brando. 
  3. Mentres se fai o escabeche, sacamos os lombos das xardas e retiramos as espiñas e cando digo retiramos, refírome a todas. Queremos unha preparación na que todo o que leve sexa comestible.
     
  4. Retiramos o escabeche do lume e escoamos.  
  5. Temperamos o escabeche a uns 60º. Introducimos os lombos, deixamos un minuto no lume e retiramos. Deixamos que rematen de cocerse suavemente co calor residual e o vinagre.
  6. Trituramos as alcaparras, o dente de allo, a xema, un belisco de sal e un pouco de auga.
  7. Montamos co aceite como se fora unha maionesa.
  8. Cortamos os pepinillos en bastonciños, as guindillas en aros e as ceboliñas pola metade
  9. Para o servizo, sobre unha base de prebe de alcaparras poñemos os encurtidos cortados e sobre estes o lombo da xarda
Non dubidedes en incorporar esta preparación, que teredes feita con antelación, as vosas celebracións.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito