Ir al contenido principal

Salchicha Frankfurt TN con outro prebe

Ir á receita en castelán
  • Salchicha Frankfurt Torre de Núñez
  • Pan centeo
  • 3 culleradas de maionesa
  • 1 cullerada de mostaza antiga
  • 1 cullerada pequena de ketchup
  • 1 golpe de brandi
  • 1 golpe de zume de limón
  • 2 follas de endivia
  • ¼ de cebola morada
  • Aceite


 
O sábado 3 de decembro Torre de Núñez celebra su 50 Aniversario e tiveron a xentileza de invitarme ó evento de celebración.
Pois ben eu, en agradecemento, publico esta receita elaborada con un dos últimos produtos que sacou ó mercado: Salchicha Frankfurt sin gluten, sin lactosa, sin colorantes e en tripa natural.
Para acompañar este tipo de comida fago un prebe, que mestura os básicos que normalmente leva. Imos a darlle un toque crocante con unhas verduras moi picadas e un sabor engadido co brandi (evitar si hai nenos) e o limón.

  1. Picamos finas as follas de endibia e a cebola. Reservamos.
  2. Poñemos unhas rebandas de pan centeo, no forno cinco minutos a 200º, partindo do forno frío.
  3. Mesturamos a maionesa, a mostaza, o ketchup, o golpiño de brandi, o golpiño de zume de limón (estes dous ingredientes non nos deben invadir o sabor do prebe, unicamente deben aromatizar).
  4. Unha vez feita a mestura, engadimos as verduras reservadas e volvemos a mesturar.
  5. Untamos unha plancha con aceite e facemos as salchichas ate que se pasen por dentro. Damos voltas, regularmente, para que non se nos queimen.
  6. Nunha rebanda de pan poñemos o prebe feito e por riba a salchicha quente.
Levamos rápidamente á mesa para que non arrefríe e temos unhas frankfurt presentadas cun prebe distinto do habitual.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito