Ir á receita en castelán
Algunhas veces chegamos con presas a casa e non temos moito tempo para cociñar, pero ó meso tempo queremos comer rico...
Algunhas veces chegamos con presas a casa e non temos moito tempo para cociñar, pero ó meso tempo queremos comer rico...
- 2 latas de ameixas ó natural
- 1 bote (100 grs) de fabas cocidas
- 50 grs de cebola
- 1 dente de allo
- 1 cullerada de pirixel picado
- 1/2 vaso de viño branco
- Pemento moído agridoce
- Fariña
... Pois moi ben, para eso están as nosas amigas as conservas.
Neste caso imos a usar conserva vexetal e conserva de pescado. Na medida das nosas posibilidades imos a usar unhas conservas de calidade.
- Arrancamos preparando o prebe verde: picamos a cebola, o allo e o pirixel finos.
- Sofritimos a lume brando e engadimos a fariña. Mesturamos ben e regamos co viño. Deixamos reducir lentamente.
- Engadimos as fabas (despois de ben lavadas baixo a villa), o pemento moído, as ameixas e o líquido de goberno das ameixas.
- Damos un par de voltas e presentamos cunha rama de pirixel.
Xa vedes, o prometido é débeda e en 15 minutos teremos o noso prato.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito