Ir á receita en castelán
- 1 quilo de choco limpo
- 4 ou 5 patacas
- 1/2 cebola
- 1/2 pemento vermello
- 1/2 pemento verde
- 1 copa de viño branco
- 1 dente de allo
- 3 culleradas de prebe de tomate
- Caldo de peixe
- Pementón agridoce
- Aceite de oliva
- Sal
Hoxe imos cun prato tremendamente mariñeiro, onde o sabor da Ría trasládase ó prato.
O choco é a popular sepia ou jibia, un cefalópodo moi apreciado e con gran sabor, que ten a súa referencia na poboación galega de Redondela.
Unha das mellores preparacións da zona é a empanada de chocos na súa tinta, realmente impresionante.
- Nunha cazola axeitada, pochamos as verduras picadas.
- Cando as verduras alcanzan o seu punto, engadimos o pementón e remollamos co viño branco. Deixamos evaporar o alcohol.
- Engadimos o prebe de tomate (damos un par de voltas) e de seguido o choco cortado en anacos de bocado. Mesturamos ben cas verduras, cubrimos co caldo de peixe e deixamos facer a lume moderado sobre uns 15 minutos.
- ¡PUNTO CRÍTICO! é importante ser bastante escrupulosos co tempo de cocción, xa que se nos pasamos quedaría duro o choco.
- Pasados os 15 minutos engadimos as patacas triscadas no último momento do corte, para que nos axuden a engordar o caldo.
- Deixamos cocer uns 20 minutos (se fixera falla algo máis de caldo incorporar), comprobamos as patacas e deixamos repousar uns minutos tapado antes de servir.
- Imos a servilo en prato sopeiro, pois imos a facer deste guiso un prato de culler.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito