Ir á receita en castelán
- 2 patacas
- 4 ovos
- Cabaciña
- Cebola
- Pemento vermello
- Champiñóns
- Aceite
- Sal
Hoxe non tocaba receita, pero á vista dos produtos que me chegaron de El Tomate Tranquilo, un montón de verduras e ovos ecolóxicos, non houbo máis remedio que preparar esta saborosa e zumarenta tortilla.
Dos vexetais non poño cantidades, xa que sodes vos @s que tedes que decidir os que máis vos gustan, sempre tendo en conta a proporción para as dúas patacas e catro ovos.
- Picamos miúdas as patacas e as verduras.
- Poñemos unha tixola ó lume con aceite.
- Deixamos facer as patacas e as verduras a lume brando ate que estean brandas. Vanse a mesturar moi ben todos os sabores.
- Batemos os catro ovos e eu teño por costume engadir un pequeno chorro de auga, penso que a fai máis suave e zumarenta.
- Escoamos ben de aceite as patacas e verduras. Mesturamos cos ovos.
- Botamos o conxunto nunha tixola co fondo manchado de aceite e callamos polos dous lados.
Poucas palabras máis, soamente levar á mesa e comprobar o intenso sabor de estas verduras e ovos ecolóxicos.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito