Ir á receita en castelán
- 1 cola de peixe sapo
- 300 grs de champiñóns
- 1 cebola mediana
- 2 tomates
- 1/2 vaso de viño branco
- 1 dente de allo
- 1/2 culler de pirixel picado
- 50 grs de améndoas
- 1 tostada de pan
- Aceite
- Sal e pementa
Como xa estamos metidos en tempo de outono, tamén é tempo de introducir na nosa cociña os pratos de mar e montaña.
Nesta ocasión imos a poñer na mesma cazola, peixe sapo e champiñóns (podedes usar as setas que máis vos gusten) que imos a completar cunha picada que nos vai a aportar sabor ó prato.
- Limpamos ben o peixe sapo e o cortamos en rodelas.
- Picamos a cebola, o tomate en dados e os champiñóns en anacos algo grosos.
- Poñemos unha cazola ó lume cun pouco de aceite e sofritimos a cebola uns cinco minutos, para de seguido incorporar o tomate. Deixamos facer a lume brando uns 10 minutos remexendo de cando en vez.
- Engadimos os champiñóns e o viño e deixamos facer ata que se evapore o alcohol.
- Mentres se fan as verduras imos a preparar a picada. No vaso do batedor poñemos as améndoas, o allo picado, o pirixel, a tostada de pan e un chorriño de aceite. Trituramos todo (se víramos que queda moi espeso botamos outro golpe pequeno de aceite.
- Como o sofrito xa estará no seu punto, poñemos as rodelas de peixe sapo, botamos por riba a picada e deixamos que se faga uns 10 minutos ca cazola tapada.
Pois xa vedes, un rico prato de peixe e vexetais, que levaredes quente a vosa mesa.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito