- 1,5 quilos de carrilleiras
- 2 tomates
- 1,5 cebola
- 3 chalotas
- 1 porro
- 1 cenoria
- 3 dentes de allo
- 100 ml de viño branco
- Caldo de carne
- Pementa negra en grano
- 1 rama de romeiro
- 1 rama de tomiño
- 2 patacas
- Sal, pementa e aceite
Hoxe facemos unha receita con unha carne que resulta moi tenra e gratamente melosa ó gusto: carrilleiras.
Posiblemente xunto co rabo de vaca, é unha das carnes que máis me gusta preparar, xa que é de éxito asegurado, ademais de ser de execución moi sinxela.
O meu consello é facelas de véspera, o que lle fará gañar en sabor.
- Limpamos ben as carrilleiras de peles e grasillas, douralas en aceite (podemos pasalas antes por fariña) e engadirlle sal e pementa. Escorregamos o exceso de aceite e reservamos.
- Lavamos e picamos (non fai falla que vaian moi picadas) as verduras, sofritir no mesmo aceite das carrilleiras limpo de impurezas.
- Deixamos que sofritan, engadimos as carrilleiras, a pementa e as herbas.
- Engadimos o viño, deixamos evaporar o alcohol e cubrimos co caldo de carne. Deixamos facer a lume brando ata que estean tenras. No caso que nos ocupa, das de porco, entre unha hora ou hora e media.
- Mentres se fan as carrilleiras, cocemos as patacas que, unha vez cocidas, chafaremos cun garfo. Nun pouco aceite pochamos a media cebola e un dente de allo. Incorporamos as patacas e un pouco de pementón. Damos unhas voltas para que se mesture e retiramos do lume. Facemos as quenelles (quenefas) con dúas culleres.
- Cando estea, a carne, no seu punto retiramos as carrilleiras, trituramos as verduras e pasamos o prebe polo chino (podemos deixala sen pasar polo chino).
- Levamos as carrilleiras de novo ó prebe e deixamos repousar ata o día seguinte.
- Para o servizo loncheamos as carrilleiras, cubrimos con prebe e acompañamos das quenelles.
Pódovos asegurar que ides a triunfar na vosa mesa, pero non escatimedes un bo pan.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito