Ir al contenido principal

Rolo de salmón recheo

Ir a receita en castelán

Un petisco sinxelo, rápido e a par elegante. Fora bromas é verdade que é rápido e moi sinxelo. O recheo, o que vos veña a cabeza, eu fíxeno de queixo e mexillóns en escabeche.
Ingredientes que imos a necesitar:

Salmón en lonchas
Queixo Philadelphia ( ou outro)
Mexillóns en escabeche
Ceboliño

A única complicación é a de que non se nos rompan as lonchas do salmón o separalas. Unha vez que as temos estiradas, facemos unha mestura do queixo cos mexillóns picados. Picamos tamén ceboliño e engadimos a mestura.
Sobre a loncha de salmón estirado poñemos unha porción do recheo e unha folla de ceboliño enteiro que sobresaia polas veiras.
O normal e que sexa grande o rolo, partímolo polo medio.
Poñemos un tempo no frío para que colla corpo o recheo.
Moi boa a mestura de sabores.