Ir al contenido principal

Alas de polo á Rioxana

Ir a receita en castelán

Hoxe toca polo, e do polo unha parte con moi bo sabor: as ás.
É un prato moi sinxelo e humilde, pero con moito sabor.
Para facelo necesitaremos os seguintes ingredientes:
12 ou 15 ás de polo
5 dentes de allo
2 ramas de tomiño
1 rama de pirixel
2 cebolas
1 folla de loreiro
1 cullerada de pimentón
1/2 vaso de viño branco
1 cullerada de mel (opcional)
Sal, pementa, fariña e aceite de oliva


Salpimentamos as ás e rebozámolas na fariña. Fritímolas nunha tixola e reservamos.
Pelamos os allos e esmagamos, pelamos as cebolas e cortámolas en aros. Sofritimos os allos, as cebolas, o loureiro e o tomiño no aceite de fritir as ás. Cando a cebola estea dourada, botamos o pirixel e o pimentón.
De seguido engadimos o viño branco e deixamos que coza o prebe uns 5 minutos a lume brando. Neste momento engádese a mel (a quen lle guste).
Botamos este prebe por riba das ás reservadas e deixámolas repousar unhas horas dándolle a volta de cando en vez.
Antes de servir poñer o lume e quecer ben.
Nos acompañámolas dunhas patacas fritidas que lle foron que nin pintadas.
Merece a pena probalo.