Ir a receita en castelán
Na receita de hoxe imos a facer sardiñas, de cando en vez cando vexo que merecen a pena, non deixo escapar a ocasión de levalas a miña cociña. Sinto unha especial querencia polos pescados azuis.
As sardiñas, vos veredes as que poñedes por comensal, segundo o tamaño das mesmas. Os ingredientes que cito a continuación serían para unhas 12 unidades.
Sardiñas (as necesarias)
15 olivas (verdes ou negras)
1 dente de allo
1/2 cebola
1 anaco de apio
1 tomate
1/2 pemento verde
Ceboliño
Aceite, sal e pementa
Limpamos as sardiñas e retiramos a espiña central, deixándoas abertas coma un libro. Se non o facedes na casa, xa sabedes; o vos@ pescadeir@.
Picamos as verduras moi miúdas e o tomate en cadradiños.
Nunha tixola faise un sofrito co allo, o apio a cebola e o pemento. Despois duns minutos engadimos o tomate e as olivas, salpimentamos e reservamos.
Estendemos as sardiñas ca pel para abaixo e botamos un pouco de recheo en cada unha. Dobramos da cola a cabeza.
Nunha bandexa de forno untada en aceite poñemos as sardiñas e levamos ó forno a 200º uns minutos. As sardiñas fanse enseguida.
Pasámolas a bandexa de servizo e engadimos ceboliño picado.
Interesante mestura de sabores.