Ir a receita en castelán
Canto tempo sen asomarme por este recuncho. Máis aínda ando por estes lares, non ca continuidade que quixera pero espero que a partires de agora, un pouco máis a miúdo que esta temporada que pasou.
Dos moitos pratos de bacallau que ten a cociña portuguesa, este é un dos máis coñecidos.
E orixinario da rexión de Porto.
Imos a precisar:
500 grs de bacallau
600 grs de patacas
1 cebola grande
2 ovos cocidos
Pirixel
Olivas negras (opcional)
Aceite, sal e pementa
Poñemos unha pota con auga a ferver e outra cas patacas para que se cozan.
No momento que a pota da auga ferve, retírase do lume e ponse nela o bacallau. Tápase cun pano e deixase facer entre 25 e 30 minutos.
Cando as patacas están feitas, córtanse coma se fora para tortilla. Bótanse nunha fonte que poida ir o forno.
Sácase o bacallau da auga, elimínase a pel, as espiñas e desmiúzase cos dedos.
Mestúrase o bacallau cas patacas. Salpiméntase o conxunto.
Nunha tixola con aceite poñemos a facer a cebola cortada en plumas finas.
Cando a cebola estea branda incorpórase co aceite o bacallau e as patacas, remexendo para que se mesture ben.
Prequecemos o forno a 180º e poñemos a fonte uns 20 minutos aproximadamente.
Picamos os ovos e o pirixel que engadimos por riba o sacar o bacallau do forno. Tamén se lle poden engadir unhas olivas negras cortadas en rodelas.
Un consello: revisade ben que non leve espiñas, pois os comensais van a confiar e que vai a ser así.
Estupendo prato de bacallau o que lle vai que nin pintado un bo viño branco de Ribeiro.