Ir al contenido principal

Patacas gratinadas con afumados

Ir a receita en castelán

Hoxe imos a facer un petisco de entrada ou pra tomar un aperitivo. Un dos elementos que imos a usar e a pataca. Teño unha loita particular con este produto, cústame encontralo bo. Penso que en algunha zona primouse a cantidade pola calidade e poñen no mercado unha moi mala pataca. Pan para hoxe, fame para mañá. Máis como din, o que veña detrás que se apañe.
Fora de disquisicións precisaremos:

500 grs de patacas
250 grs de salmón afumado
Manteiga
Maionesa

Cocemos as patacas enteiras en auga con sal.
En canto arrefríen un pouco, cortámolas en rodela o máis finas posibles.
Untamos ca manteiga unha bandexa de forno e poñemos unha capa de patacas e cubrimos cada unha de elas con unha porción de salmón.
Alternamos patacas e salmón ata rematar os ingredientes.
Regamos as patacas con unha cullerada de maionesa e metemos no forno prequecido a 200º.
Cando a maionesa se pon da cor barra de pan, é o seu punto.
De sabor moi agradable.