Coido que xa hai algún tempo que non conto nada con polo. Isto está moi mal e ímoslle a por remedio nesta entrada.
Para esta receita procuraremos:
4 Peitugas de Polo Corral COREN
100 grs de queixo Parmesano relado
2 cebolas
2 cenaorias
1/2 pemento vermello
1 vaso pequeno de viño branco
2 vasos de caldo de polo
Fariña, sal e pementa
Limpamos as peitugas e si as mercamos enteiras facemos uns filetes algo grosos. Salpimentamos e pasamos por fariña.
Poñemos aceite nunha cazola e fritimos lixeiramente as peitugas. Retiramos e reservamos.
No mesmo aceite pochamos as cebolas, as cenorias e o pemento picados. Unha vez brandas as verduras, incorporamos as peitugas xunto co viño branco, deixamos evaporar o exceso de alcohol.
Agregamos o queixo relado e o caldo de polo. Facemos uns 20 minutos.
Pasamos o prebe polo batedor e cubrimos as peitugas co prebe resultante.
Servir quente.