Ir al contenido principal

Pastel de bonito

Este é unha receita que cae tódolos anos na tempada do bonito, é fácil de preparar, pódese facer con antelación, admite un montón de guarnicións e é unha forma de que os máis cativos da casa coman un dos mellores peixes azuis.
Para preparalo imos a necesitar (sae un bo pastel):

750 grs de bonito sen pel nin espiñas
2 ovos cocidos
1 ovo cru
3 lonchas de xamón
3 pementos do piquillo

Pirixel picado
Pan relado
Prebe de tomate

Picamos o bonito o máis miúdo posible (aconsello facelo con coitelo, pois a picadora fai unha pasta) e poñemos no recipiente que vaiamos a facer a mestura.
Picamos os ovos, as lonchas de xamón, os pementos do piquillo e engadímolos o bonito xunto co pirixel picado, o ovo batido e o pan relado.
Remexemos ata conseguir unha mestura homoxénea (a medida do pan relado non é fixa, ide vendo a necesidade).
Facemos coma unha croqueta inmensa (o meu consello é envolvela en papel de aluminio e deixar un tempo o frío para que colla máis consistencia).
Votamos un pouco de aceite e selamos ben o pastel por todos os lados, dándolle a volta con certo coidado para que nos se rompa. Reservamos.
Si xa temos feito prebe de tomate botámolo nunha cacerola e engadimos un pouco de caldo de pescado. Deixamos facer uns minutos e engadimos o pastel de bonito. Facer uns 10 minutos.
Podémolo servir quente ou do tempo, pero tede en conta que é máis fácil de cortar en frío. Si o queredes quente, unha vez cortado en frío, poñer a quecer no prebe de tomate.