Ir al contenido principal

Tosta de queixo de cabra con paquetiño de xamón e gambas

Por si algún aínda anda a buscar un entrante para o xantar do domingo, aporto unha sinxela tapa como entrante.
Tosta moi rica e apetecible, xa o digo eu todo.

Necesitaremos:

Pan en rebandas
Queixo de cabra en rulo
Xamón en lonchas
Gambas


O pan facémolo coma xa explicamos en outras ocasións, 5 ou 6 minutos co forno a 200.
Facemos os paquetes de xamón, poñendo 2 gambas en cada loncha de xamón e envolvendo. Si a loncha do xamón e longa, danos para dous paquetiños.
Poñemos unha tixola a lume brando con un pouco de aceite e facemos nela os paquetes facendo que collan cor por fora e se fagan as gambas dentro. É moi importante o do lume brando, se non o xamón abrasaríase e as gambas quedaría crúas.
Para a montaxe, en cada tosta de pan poñemos un disco de queixo (outra opción e untalo) e por riba o paquete de xamón.
Seguro que vos vai a gustar.