Ir al contenido principal

Canelóns de ensalada de mazá

Hoxe en particular fai un calor desmesurada. Entón imos con unha ensalada, pero ímola a meter dentro duns canelóns.
Cando o calor ven fora do seu tempo, aféctame bastante en sentido moi negativo, pero imos o noso.
Para esta ensalada necesitaremos:
1 caixa de canelóns precocidos
8 lonchas de xamón cocido
1 ou 2 puñados de langostinos cocidos (a medida non ten desperdicio)
2 mazás medianas
Queixo Philadelphia (ou outro queixo fresco)

Poñemos os canelóns en auga quente, seguindo as instrucións do fabricante.
Pelamos e picamos os langostinos.
Picamos as mazás o as relamos.
Mesturamos os langostinos, as mazás e o queixo.
Cando xa temos os canelóns listos para usar, extendémolos e poñemos xamón cocido sobre eles. Poñemos unha porción da mestura anterior e enrolamos. Facemos que a mestura chegue os laterais do canelón.
Xa vedes complicación a tope e tecnoloxía punta para unha boa ensalada.
Os ingredientes coma sempre o voso gusto (faltaría máis).