Ir al contenido principal

Champiñóns o forno

Imos camiño da tempada dos cogomelos. Gustaríame ter aprendido a recoñecelos no monte. Non paso dos que venden no super ou cando un bo amigo me invita a eles. Entón sigo a usar os champiñóns, por comodidade e por algún que come na casa, e non quere por precaución outro tipo. De todos los xeitos co champiñón ven preparado estamos ante un gran elemento culinario.

Para a preparación de este prato, imos a precisar:
1 kg de champiñóns
100 grs de manteiga
Aceite de oliva
4 dentes de allo
25 grs de pan relado
Perexil
Sal e pementa

Limpamos os champiñóns, separamos o talo do sombreiro. Cortamos os sombreiros en láminas finas e os talos picados finos.
Mesturamos os allos picados, o perexil picado e o pan relado.
Poñemos os champiñóns nunha fonte que poida ir o forno, salpimentamos e regamos con unha cantidade xenerosa de aceite. Poñemos a manteiga a pedazos pequenos repartidos pola fonte. Repartimos o picadillo de allo, perexil e pan relado por riba dos champiñóns.
Prequecemos o forno a 220º. Introducimos a fonte e facemos uns 15 minutos.
Servir ben quente.
Sacaredes un gran sabor de este gran produto.