Ir al contenido principal

Unha petición

Quero facer unha pequena reflexión sobre o que é o facer este blog para min.
Eu o entendo coma un divertimento, como unha vía a comunicar cos demais o que fago, ben, mal, peor ou rematadamente peor, pero é o que fago, ben por que o vin noutro sitio, ou ben que me acudiu a deusa creativa e golpeoume na cabeza. Ninguén me obriga a facelo, gústame a cociña e quero dicilo; non vexo isto coma unha competición de haber que a ten máis grande, uns meses teño unha actividade maior e outros son un vago rematado.
Diredes a que ben todo este manifesto de intencións, pois ben a que xa estou empezando a fartarme de toparme pola rede con un montón de blogs, onde o que escribe non fixo a receita que publica nin en soños, que as cantidades que se poñen son absurdas e que é imposible facer algo medianamente comestible co que pon.
Por iso a miña petición, NON O FAGADES, publicade soamente o que experimentedes na vosa cociña, non obrigan a ninguén e o único que conseguides é sementar a dúbida sobre coma traballamos outros neste noso, a vez que reconfortante, pasatempo.
En fin que se dean por aludidos os farsantes, os charlatáns de feira e que sigan traballando coma ata agora os que teñen cariño por esta nosa cociña.