O outro día para unha cea, decidín preparar polo con langosta, un prato da Costa Brava e máis Mallorca, pero hai ceas que nacen desgraciadas dende o principio. A cea era para o venres a noite, pois non, houbo que trocala para o xoves. Vou a mercar e non hai langosta, non pasa nada váleme perfectamente lumbrigante: non hai, bótolle un ollo a unhas cigalas que había, a pescantina di: esas cigalas para vostede non serven e non llas dou (e a miña pescantina de cabeceira e cóidame). Como os langostinos tiñan moi boa pinta, xa con un pouco de medo pregúntolle si podo levalos e díxome que estaban moi bos.
Ven, ata as fotos foron bastantes desgraciadas, pero como o que nos interesa é o contido e estaba realmente ben cóntovos a receita.
Ingredientes:
1 polo de curral (eu merco o de marca Coren, sae realmente bo)
4 ou 5 langostinos por comensal
2 cebolas
2 tomates maduros
4 dentes de allo
1 golpe de améndoas
sal, pemento, e caldo
Nunha cazola ampla poñemos aceite e fritimos o polo cortado en anacos, cando estea dourado retiramos e reservamos.
No mesmo aceite fritimos os langostinos e retiramos. Sofritimos as cebolas, os allos e o pemento, todo ben picado. Cando a cebola comeza a tomar cor engádese o tomate picado e remóvese sen parar ata que estea ben concentrado e tome unha consistencia como de marmelada.
Cando está no seu punto botamos o polo e cubrimos con caldo. Deixamos cocer tapado e a lume brando.
Cando o polo xa esta tenro, engadimos os langostinos e unha picada de allo e améndoas.
O consello e facelo o día antes de consumilo para que a mistura de sabores sexa boa. Se o prebe quedou líquido, retirar o polo e os langostinos e reducir, volver a incorporar e quecer.