Ir al contenido principal

Pan frito con ovo

¿Que vos parece un petisco rápido e con unha mistura de sabor espléndida?
Pois vamos aló e farannos falta na medida de petiscos que fagades os seguintes ingredientes:
Rebandas de pan
Ovo cocido
Anchoas
Langostinos
Maionesa


Con estes elementos procederemos do seguinte xeito; primeiro fritimos as rebandas de pan (este paso é segundo as calorías que poidades soportar) ou como eu fixen metelas ó forno (a miña medida é de 5 minutos a 200º, có forno sen prequecer, a rebanda queda crocante e non queimada).
Logo de ter a rebanda feita colocar rodela de ovo, anchoa, langostino e un pouco de maionesa.
Listo para xantar.