Ir á receita en castelán
Non sei si dicir si estaba máis rica a lura ou o prebe. O que si vos podo dicir que o conxunto é para disfrutar. Merece a pena o tempo que se emprega en confeccionalo.
Medidas para 2 persoas:
4 luras medianas
3 ovos cocidos
125 grs de langostinos (peso xa pelados)
3 tomates maduros
1 1/2 cebola
1 dente de allo
1 pemento verde
1 cullerada de fariña
Pementón agridoce de La Vera
125 ml de caldo das cabezas e peladuras dos langostinos
125 ml de viño branco
Aceite e sal
Mans a obra; limpar ben as luras, quitándolle a pel e lavándoas ben por dentro (darlle a volta), reservar as aletas e os tentáculos.
Pelar os langostinos e picamos (reservamos as cabezas e peladuras) e cocer os ovos.
Nunha cazola cun pouco de aceite, salteamos as cabezas e peladuras dos langostinos apretando as cabezas. Cubrir con auga e deixar facer uns 15-20 minutos.
Picar a cebola e poñer a pochar. Mentres se fai a cebola, picaremos o allo, as aletas e máis os tentáculos dás luras.
Engadimos os allos a cebola e deixamos uns minutos. A continuación engadimos as aletas e os tentáculos picados, soltarán auga, deixar ata que se evapore. Nese momento incorporamos os langostinos picados e deixamos facer uns minutos. Sacar do lume e deixar atemperar.
Pelar os ovos, picar e engadir tamén ó recheo.Encher os tubos dás luras co recheo feito e pechar con un palillo.
Neste momento con un pouco de aceite, marcamos as luras nunha tixola para douralas un pouco.
Imos a comezar có prebe, cortamos a outra media cebola en xuliana, o pemento en anacos pequenos e o tomate sen pel nin pepitas.
Poñemos a pochar a cebola, cando empece a dourarse engadimos o pemento, deixamos facer e despois engadimos o tomate, deixamos que se faga.
Cando todo está no seu punto, engadimos unha cullerada de fariña, remexemos durante uns segundos e botamos o pemnetón, OLLO QUE SE QUEIMA, botamos enseguida o viño e deixamos que se evapore o alcohol.
Engadimos as luras e o caldo das cabezas e peladuras dos langostinos, deixaremos ó lume uns 30 ou 35 minutos aproximadamente.
Si o prebe quedase algo solto, poñer a lume forte para que espese.
Facervos con unha boa peza de pan, vai a facervos falta.