Un petisco moi agradable e con sabor. Como noutras ocasións misturamos terra e mar.
Imos a precisar por torrada os seguintes ingredientes:
1 rebanda de pan de bola
1/2 tomate
2 langostinos
1/2 porro
1 allo
Aceite e sal Maldon
Poñemos as torradas no forno (repito a miña medida: 200º, 5 minutos sen prequecer o forno).
Nunha tixola pasamos o medio tomate ata que tome cor, pelamos os langostinos deixando sen pelar a cola e salteámolos con un pouco de aceite.
Cortamos o porro en xuliana. Aproveitamos os restos de aceite e xugos dos langostinos, para saltear o porro con allo laminado (botar un pouco de aceite si fixera falla).
Na torrada poñemos o tomate nunha beira, no centro os langostinos e na outra beira o porro. Botamos por riba sal Maldon.
Non digo de fritir a torrada, xa que os elementos que leva xa soltan o aceite con seus sabores por riba do pan.
Bo proveito.