Ir al contenido principal

OURENSE CON LETRAS MAIÚSCULAS

Hoxe chegoume ó traveso de Vía Auria unha reportaxe que emitiu a 2 de TVE dentro do título xenérico de Cidades do século XXI.
Vou a poñer este enlace aquí para que os que non coñezades nin esta cidade, nin a súa provincia, teñades unha visión xeneral do que vos podedes encontrar na vosa visita.
Estou seguro de que ides a vir e de que ides a irvos encantados.
Dúas opinións persoales:
A primeira é que penso que a quen corresponda non fan o suficiente para atraer a xente a este recuncho e facer o suficiente para que o turismo non sexa só de paso, se non de estancia.
E a segunda, moi persoal e referente a que aquí non temos unha banda de gaitas galega, a que fai referencia a reportaxe. Alguén se empeñou, no seu ensono particular e lunático e coa axuda dun político destes dos que sempre haberá algún nesta Galiza (cacique na linguaxe de Castelao), en que o que realmente fora é unha banda escocesa moi militarizada, iso si, desprezando toda a tradición dos grupos de gaitas.
O enlace é o seguinte: OURENSE UNHA CIDADE DO SÉCULO XXI