Ir al contenido principal

Estofado de carne con champiñóns e verduras

Outro estofado, parece a semana do estofado, máis este que sexa de carne.

Anotemos para catro persoas:
800 grs de carne para guisar
1 porro
1 pau de canela
tomillo
1 folla de loureiro
2 cebolas pequenas
3 dentes de allo
1 cenoria
2 tomates
200 grs de champiñóns
1 vaso de viño tinto
1 cullerada de fariña
caldo de carne
Aceite, sal e pementa

Con todo isto imos a facer o seguinte: cortamos en pedazos a carne e salpimentámola; sofritímola nunha cazola ata que colla unha cor dourada e reservamos.
Pelamos o porro e con dúas das súas follas facemos un atado, co pau de canela, a folla de loureiro e o tomillo.
Pelamos as verduras (cenoria, cebola e allo) e picamos moi miúdas. Lavamos os champiñóns e cortamos en láminas ou cuartos, como máis vos gusten.
Aproveitamos a aceite de dourar a carne e engadimos a cebola, o allo, a cenoria, o branco do porro, tamén ben picado, e o atado que fixemos con anterioridade.
Unha vez sofritidas as verduras, engadimos os tomates pelados, sen as pebidas e cortados en anacos pequenos; deixar sofritir uns minutos, engadir a cullerada de fariña, a carne e o vaso do viño tinto sin deixar de remexer.
Deixar evaporar o alcohol e reducir. Engadir o caldo de carne e tapar. Deixar cocer ata que a carne estea tenra. Engadir os champiñóns, tapar a cazola e deixar cocer a lume brando.
Bo proveito.